O BNG presentará unha moción para impulsar e axilizar infraestruturas ferroviarias estratéxicas para Galicia

LugoXa
Carme da Silva quere converter a rede ferroviaria galega nun eixo vertebrador do territorio, que favoreza unha Galicia mellor conectada máis sustentable e capaz de aproveitar todo o seu potencial
Carme-da-Silva-BNG
14 Nov 2024

O BNG, a través da súa senadora Carme da Silva, defenderá na cámara alta unha moción como consecuencia da interpelación realizada o Ministro de Transportes para impulsar e axilizar infraestruturas ferroviarias estratéxicas para Galicia e rematar co déficit histórico que sofre.

Carme da Silva quere converter a rede ferroviaria galega nun eixo vertebrador do territorio, que favoreza unha Galicia mellor conectada, máis sustentable e capaz de aproveitar todo o seu potencial social, económico e ambiental. Axilizar os trámites e a posta en marcha dos servizos de cercanías, acelerar a conexión ferroviaria entre Lugo e Santiago ou impulsar a construción do Eixo Atlántico para o norte e sur da Galicia, entre as cuestións que serán debatidas e votadas polo Senado.

“Galicia precisa un salto ao futuro da man do sistema e as infraestruturas ferroviarias e o BNG está decidido a impulsar esta transformación. No próximo pleno defenderemos unha moción co obxectivo de converter a rede ferroviaria galega nun eixo vertebrador do territorio, que favoreza unha Galicia mellor conectada, sustentábel e capaz de aproveitar o seu pleno potencial social, económico e ambiental” anuncia Carme da Silva.

A senadora do BNG, neste sentido, defenderá na cámara alta dar “un impulso histórico” para transformar a rede ferroviaria e axilizar infraestruturas estratéxicas para o desenvolvemento da Galicia.

0.20141506195068