O BNG propón en Lugo un novo modelo de explotación eólica

LugoXa
O BNG trae a Lugo a súa campaña contra a política de enerxética da Xunta eexpón un novo modelo de explotación eólica.
ruben arroxo
8 Jun 2021

Cargos orgánicos e institucionais do BNG participaron na mesa colocada polo BNG para propoñer un novo modelo de explotación eólica. "Galiza está inmersa nun segundo boom de depredación eólica no que o Goberno do PP se coloca a favor do lobby eléctrico e en contra da cidadanía, mentres sube a factura da luz, subida que en Galiza é especialmente aberrante por ser produtora de electricidade" defenderon dende o propio BNG.

“O Presidente da Xunta terá que aclarar de que lado está, se dos que defenden os intereses de Galiza, das PEMES, das familias ou se vai seguir abrazado ao lobby enerxético, facendo de comercial de Iberdrola, de Naturgy e doutras multinacionais eléctricas colocando os nosos recursos ao seu servizo”, salientou o líder nacionalista.

Arroxo explicou, como exemplo, o Parque eólico de Ourol da empresa Greenalia. "Cun beneficio bruto estimado de 2,1 M€ nesa explotación, o canón estimado é de 11.500 €, un 0,55%: migallas para o público tras elaborar unha normativa á medida das eléctricas que responden recolocando a ex cargos do PP”, sintetizou Rubén Arroxo.

“O concello de Muras con 381 aeroxeneradores, o de máis muíños de toda Galiza, e dous postos de traballo fixos. O único beneficio real foi o decretado polo goberno municipal do BNG abaratando o prezo da luz aos seus veciños e veciñas”, explicou.

Arroxo que urxiu mudar o "modelo de espolio no que Galiza asume os custes ambientais, sociais e económicos mentres que os beneficios emigran, e nin sequera se traduce en postos de traballo como se empeña en difundir a propaganda do lobby eléctrico".


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18945097923279