O BNG provincial ameaza: "Se Tomé non dimite, abandonaremos o Goberno da Deputación de Lugo"

GaliciaXa | LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Os nacionalistas demandan que o Partido Socialista actúe de inmediato, apartando a José Tomé das súas funcións políticas e investigando as denuncias “ata o último extremo”
Orzamentos-2026-Deputacion-de-Lugo
10 Dec 2025

O grupo provincial do BNG na Deputación de Lugo emitiu un comunicado no que manifesta o seu compromiso absoluto contra a violencia machista e a solidariedade coas vítimas, “sexan quen sexa o acusado”.

Os nacionalistas demandan que o Partido Socialista actúe de inmediato, apartando a José Tomé das súas funcións políticas e investigando as denuncias “ata o último extremo”. Subliñan que o BNG mantén unha postura de tolerancia cero fronte á violencia machista en todos os ámbitos e advirten de que, de non producirse a dimisión de Tomé como presidente da Deputación, abandonarán o goberno desta institución.

Ademais, o BNG expresou o seu apoio ás mulleres que decidiron denunciar, recoñecendo as dificultades de enfrontarse a estruturas de poder que actúan como barreiras silenciosas. Requiren máximo respecto e confidencialidade para as vítimas, e piden que non se repitan filtracións de identidade nin cuestionamentos como os observados recentemente.

Na mesma liña falan dende o BNG de Monforte, que pide a José Tomé que abandone as súas responsabilidades políticas e orgánicas “polo ben das institucións e para non condicionar as investigacións”, e demandan ao Partido Socialista unha explicación “inmediata” respecto a este asunto.

⚙ Configurar cookies
0.077209949493408