O BNG quéixase da falta de resposta de Patrimonio sobre o derrube da porta medieval de Outeiro

TerraChaXa | LugoXa
Patrimonio non contesta ás preguntas formuladas dende o Parlamento sobre o derrube dunha porta medieval en Outeiro de Rei.
PORTA BEN PATRIMONIAL OUTEIRO DE REI 3
8 Jun 2022

A deputada Olalla Rodil presentou no Parlamento unhas preguntas sobre a desaparición das pedras da porta que estaba no Camiño Real, detrás do Pazo dos Gaioso, no propio centro da vila de Outeiro de Rei que chamaba atención pola súa feitura e a súa antigüidade.

Agora, despois de moitos séculos, esa porta xa no existe porque foi derrubada e no seu lugar tan só queda unha morea de pedras, algunhas das cales poderían formar parte da porta orixinal.

Esta porta era parte dunha construción que o Concello mercou hai uns meses por estar nas inmediacións do lugar onde se ía construír o centro de día, obras que aínda a día de hoxe se están a realizar na propia parcela onde se derrubou a porta.

Para o BNG é fundamental que se paralice calquera actuación que teña que ver con este desfeita, intentado evitar que “desaparezan” ou se deterioren aínda máis as pezas desta porta, e é por iso se preentaron preguntas sobre este tema na Comisión 4ª da mesa do Parlamento: se a Xunta de Galicia era coñecedora do acontecido nas obras do centro de día, tamén preguntou se estaban catalogadas ou inventariadas as portas, o valor patrimonial da mesma, así como as medidas a tomar para evitar que o alcalde de Outeiro faga desaparecer ditas pedras.

A contestación a estas preguntas foi dada pola Consellería de Política Social e Xuventude en lugar de contestar Patrimonio que foi a quen se lle fixeron as preguntas. "Este silencio por parte de Patrimonio vennos a indicar o oscurantismo que existe por parte da Xunta e do propio Concello sobre este tema xa que dende Patrimonio tampouco se contestou ás preguntas feitas dende o BNG de Outeiro de Rei", din.

Dende o BNG de Outeiro de Rei “seguiremos vixiantes e preguntando onde estan ditas pedras así como pendentes de que se volvan a colocar no lugar onde estaban” sinala Elvira Lombao concelleira. “As institucións non contestan a nada do que se lles reclama e o alcalde de Outeiro de Rei dinos que no proxecta aparece reflictido que ditas pedras se volven colocar, pero revisado o proxecto nel non aparece tal cousa” segue a dicir a concelleira. “Non imos permitir que dende a alcaldía se xogue así co patrimonio do noso concello” conclúe Elvira Lombao.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.20350003242493