O BNG quéixase da "negativa" do PP de crear un fondo para os afectados polos asolagamentos

TerraChaXa | LugoXa
O BNG lamenta a negativa do PP para impulsar un fondo económico para paliar os efectos dos asolagamentos entre os afectados
27 Jan 2023

A proposta do BNG no Parlamento galego para crear un fondo económico para colaborar cos concellos afectados polos asolagamentos como o impulso de medidas para analizar e reparar os danos do temporal Fien, obtivo o rexeitamento do Partido Popular.

A proposta do Bloque promovía a cooperación e a coordinación das diferentes administracións para que se repararan, na maior brevidade posíbel, os danos causados nos desbordamentos dos ríos.

No caso de Lugo, a Terra Chá é zona máis afectada, e en concreto, o concello de Begonte foi o máis prexudicado, onde os ríos Parga, Ladra e Riocaldo provocaron graves danos materiais en vivendas como en estabelecementos.

A portavoz municipal do BNG en Begonte declarou “estamos nun momento onde as veciñas e veciños quedan desamparados pola Xunta de Galiza, a que debería pór recursos para aquelas persoas que o perderon todo por un fenómeno meteorolóxico excepcional”.

Manoli Castro destacou “lamentamos que o PP rexeitara a nosa proposta, mais tamén están dando as costas á veciñanza, xa que moitas persoas perderon as petenzas de toda unha vida”.

A portavoz nacionalista sinalou que o BNG seguirá a traballar para acadar medidas para paliar esta adversidade “continuaremos reclamando e esixindo medidas para que a veciñanza afectada teña axudas para que poidan recuperar a normalidade nas súas vida.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17972803115845