O BNG reclama a Xunta o acondicionamento do hospital de Calde

LugoXa
A deputada do BNG no Parlamento Galego, Carme Aira, xunto co concelleiro do BNG en Lugo, Alexandre Penas, achegáronse ata o hospital de Calde, onde o persoal denunciou o fallo do sistema de calefacción na xornada de onte.
hospital de calde bng
27 Nov 2023

A deputada do BNG no Parlamento Galego, Carme Aira, xunto co concelleiro do BNG en Lugo, Alexandre Penas, achegáronse ata o hospital de Calde, onde o persoal denunciou o fallo do sistema de calefacción na xornada de onte. Carme Aira afirmou que “nas últimas semanas véñense repetindo as denuncias do persoal do centro sobre o sistema de calefacción e o subministro de auga quente, sistemas que deberían estar listos para funcionar a pleno rendemento coa baixada das temperaturas”.

O BNG reclama ao goberno galego que actúe en serio para mellorar o confort do persoal e pacientes do centro, mellorando tamén as condicións xerais da instalación, garantindo as condicións necesarias para este tipo de instalacións. Carme Aira anunciou que o BNG presentará iniciativas no Parlamento Galego para instar ao Sergas a mellorar a instalación de calefacción e auga quente deste hospital.

Segundo a deputada do BNG, “a Xunta de Galiza ten que garantir as mellores condicións para o persoal e para as e os pacientes dun hospital”, e engadiu “agardamos que se actúe canto antes para solucionar os problemas desta instalación”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18226504325867