O BNG reclama á Xunta que arranxe as filtracións no CEIP Menéndez Pelayo

LugoXa
O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, deu conta sobre o traballo realizado polo servizo de Enxeñaría do Concello de Lugo polas filtracións detectadas no CEIP Menéndez Pelayo.
colexio menendez pelayo lugo
12 Sep 2023

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, deu conta sobre o traballo realizado polo servizo de Enxeñaría do Concello de Lugo polas filtracións detectadas no CEIP Menéndez Pelayo. Penas explicou que “o persoal técnico do Concello xunto con persoal da empresa de mantemento realizaron unha inspección na cuberta o pasado 26 de maio”.

Segundo o informe emitido polo servizo de Enxeñaría, na cuberta do centro non se atopa ningunha deficiencia puntual ou localizada que puidera ser a orixe ou causa directa da entrada de auga, polo que unha actuación sobre algún elemento particular non garantiría unha solución ás filtracións.

Alexandre Penas reclamou á Xunta de Galiza “que faga os traballos pertinentes para garantir o bo estado das instalacións do colexio”, e engadiu “é preciso que valoren se hai que realizar unha intervención integral na cuberta que permita dar unha solución definitiva ás filtracións”.

"Tratase do comezo do curso escolar e as administracións, a Xunta neste caso, teñen que estar pendentes dos traballos que lles son propios, como se pode ver o concello xa fixo a súa parte pasado mes de maio antes de que rematase o pasado curso escolar" dixo Alexandre Penas.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19903516769409