O BNG recollerá firmas hoxe para reclamar un tren digno en Lugo
O Responsábel Local do BNG, Felipe Rivas, anunciou que o BNG colocará hoxe un posto para recoller sinaturas para “poñer a Lugo no mapa dos servizos ferroviarios, rematando con anos de recortes e eliminacións de servizos que son necesarios para as veciñas e veciños de Lugo”.
Desde o BNG habilitarase un posto para recoller as sinaturas da veciñanza na praza de Santo Domingo, nas inmediacións da praza de Abastos, hoxe a partir das 11:30 horas.
O BNG pide o apoio da veciñanza para reclamar modernización da vía Lugo – Coruña, a conexión con Compostela e a recuperación dos servizos eliminados nos últimos anos.
“Lugo é a única cidade de Galiza que non ten conexión directa por tren coa capital do país, un agravio que se resolvería cunha obra de 27 quilómetros de vía para conectar as paradas de Curtis e Ordes creando unha traxecto directo desde Lugo a Compostela”, afirmou Felipe Rivas.