O BNG solicita explicacións na contratación dun traballador social en Castroverde
O Bloque Nacionalista Galego en Castroverde preguntará ao goberno municipal no vindeiro pleno de mañá sobre o proceso de contratación dun traballador/a social.
No concurso-oposición desta oferta de emprego público, o criteiro do goberno municipal nas bases, iguala na súa puntuación a quenes desenvolveron o seu traballo na empresa privada como na administración pública “este é un caso prácticamente único o que se está a pasar en Castroverde, até o Colexio Oficial de Taballo Social incidiu na disparidade de criterio na contratación pública a través dun recurso” explicou Iria Castro, concelleira do BNG en Castroverde.
A concelleira do BNG destacou “o proceso de contración nun Concello debe ser o máis garantista posíbel, para afianzar criterios os máis obxectivos que garantan un servizo público de calidade” polo que preguntará ao goberno municipal sobre esta situación “desde o BNG esixermos explicacións á alcaldía para que nos explique a que se debe e porque elexiu este criterio”
Iria Castro lembra que o servizos comunitarios de Castroverde son municipais “aínda que lle pese ao goberno municipal e se queira privatizar aínda máis o servizo do SAF e da xestión dos servizos socais de Castroverde, os servizos son públicos e deben velar pola súa calidade e a xestión eficaz” sinalou.