O BNG volve reclamar un xulgaldo de violencia de xénero

LugoXa
Trala creación do novo xulgado de familia en Lugo, o Bloque Nacionalista Galego defende a necesidade, tamén, da posta en marcha do xulgado específico en violencia de xénero, instancia básica para loitar contra a violencia machista.
4 Xan 2023

A organización propón un sistema comarcalizado deste servizo xudicial, no que se acollan todos os casos que se produzan en Lugo, facendo posíbel unha atención próxima ás vítimas e reducir a perturbación que o proceso xudicial implica. Ademais de ser atendido por profesionais cualificados na materia.

Esta demanda xa histórica para Lugo, na que o BNG traballa nas institucións e con campañas de mobilización social xunto co movemento feminista para acadar esta sala específica.

Elvira Lombao, responsábel da comisión de acción feminista do BNG, declarou “parabenizámonos por contar en Lugo con este novo xulgado mais a Xunta debería ter a mesma sensibilidade para solicitar o xulgado específico de violencia de xénero”

Ante isto, a nacionalista destacou “Lugo precisa canto antes desta sala específica para tratar estes casos cunha atención especializada ás vítimas”

0.18997001647949