O BNG vota a favor dunha proposta do PP para reprobar ao ministro de Transportes, Óscar Puente

LugoXa
Este e outros temas foron tratados durante o pleno ordinario do Concello de Lugo deste mes de novembro
Pleno-Corporación-municipal-Lugo-novembro-2024
5 Nov 2024

O pleno ordinario da Corporación municipal de Lugo estivo marcado, nesta ocasión, pola unión do PP e do BNG para votar xuntos a favor de reprobar ao ministro de Transportes, Óscar Puente.

A proposición presentada polos populares contra Óscar Puente tivo lugar porque o socialista dixo que o tren estaba vivindo o mellor momento da historia durante o Día do Veciño, polo que tanto os populares como os nacionalistas reprobaron esta actitude en Lugo, onde non hai tren de alta velocidade. Así, esixiron ao Goberno central que restableza e reforce os servizos ferroviarios e execute as variantes de Canabal e Rubián para que a alta velocidade chegue a Lugo.

Como resposta, os socialistas, en apoio ao ministro Óscar Puente, sostiveron que nunca si investira tanto na rede ferroviaria na provincia de Lugo como ata o momento.

Con respecto a outros asuntos do pleno, otro do tema do debate foi a conta xeral de 2023, aprobada cos votos a favor de PSOE e BNG e as abstencións do PP, que sostivo que a conta mostra o estancamento na evolución dos ingresos do Concello, a parálese nos trámites para a concesión de licenzas e o desfase no gasto no carril bici, o edificio de Impulso Verde ou as caldas do Miño.

Aprobada a moción do BNG sobre Coeses

Ademais, a corporación municipal lucense aprobou a moción do BNG para esixir á Xunta que retire a declaración de iniciativa empresarial prioritaria ao proxecto de instalar unha planta de biometano en Coeses.

A moción, apoiada polo PSOE e coa abstención do PP, conseguiu saír adiante coa participación no pleno da veciñanza de parroquias limítrofes a Coses que apareceron na casa consistorial cunhas pancartas reclamando que se retire este proxecto.

Por parte do BNG, acusaron á Xunta de poñerse de parte da empresa e deixar aos veciños de lado, mentres que o PSOE puxo en valor a movilización veciñal. Pola súa parte, os populares defenderon que a declaración da iniciativa ten sentido porque cumpre os requisitos esixidos e que supón máis de 25 postos de traballo.

0.1346218585968