O Boxing Club Cidade de Lugo comeza a tempada de adestramentos
LugoXa
O Boxing Club Cidade de Lugo comeza a tempada de adestramentos o 1 de setembro. O horario será de luns a venres polas tardes
23 Ago 2021
O Boxing Club Cidade de Lugo comeza a tempada de adestramentos o 1 de setembro. O horario de clases será de luns a venres dende ás 18.00 ata ás 21.00 divididos en diferentes quendas.
O Club está homologado póla Federación Galega de Boxeo e póla Federación Española de Boxeo. Actualmente conta con equipo de competición infantil e con equipo de competición de boxeo olímpico.
Imparten clases de boxeo feminino, infantil, sen contacto de competición e para discapacitados.
Para participar haberá que poñerse en contacto nos teléfonos 639 217 959 e 660 063 838 ou no correo boxingclublugo@gmail.com.