O Boxing Club Cidade de Lugo organiza para este sábado o VI Torneo San Froilán

LugoXa
O Boxing Club Cidade de Lugo organiza para este sábado 2 o VI Torneo San Froilán. Este evento será no polideportivo Daniel Cordido.
boxing torneo san froilan lugo
30 Sep 2021

O Boxing Club Cidade de Lugo organiza para este sábado 2 de outubro o VI Torneo San Froilán. Este evento será no polideportivo Daniel Cordido.

Para asistir será necearia mercar as entradas xa que conta con aforo limitado así como o uso de máscara.

Na categoría Neoprofesional enfrontaranse Manu Míguez representando ao Turbobox de Ourense, bicampión de España e Campión de Europa de Kickboxing neopro, contra Wilker Faña, bicampión de Galicia e subcampión de España de Boxeo 2019.

Tamén se enfrontarán Rubén Pérez representando al Planasbox da Coruña e Alexandru Arhip do Boxing Club Cidade de Lugo que regresa tras 8 anos de inactividade.

Tamén desde a Escuela de Lucha Pretorian, Raúl Bado medirase a Carlos Jackson del Boxing Club Cidade de Lugo, Campión Galego de Formas 2021.

Sergio Fernández, Lucky, desde A Coruña, representando a Escuela de Lucha Pretorian se enfrontarase a Mario Romero do Boxing Club Cidade de Lugo.

Rrepresentando ao DG Fighters de Ferrol estará José Costoya que pelexará con Fermín Rodríguez, El potro de Cervantes.

Outro dos combates será na categoría dos pesos pesados, entre o ourensán Yago Outeiriño desde o Turbo Box, Campión Galego Jóven 2019 contra Andrés Chávez, Campión Galego Promesas 2018.

Na categoría Schoolboys con 13 años enfrentaranse Iván Alvariño desde o Ludusbox da Coruña, Campión Galego de Formas 2020 que se enfrentará a Aitor López, Campión Galego de Formas 2021.

IV torneo san froilan boxeon lugo
0.16922092437744