O Breogán colabora co proxecto 'Minerais contra o cancro'

LugoXa
El Breogán apoya el proyecto de la USC 'Minerais contra o cancro' con una camiseta firmada que se sorteará entre los que donen.
Breogan minerais cancro
30 Xan 2022

O Club Baloncesto Breogán súmase ao proxecto ‘Minerais contra o cancro’, unha iniciativa de ciencia solidaria liderada pola profesora da USC Marta López Alonso, impulsada polo grupo de investigación en Medicina Animal (IMedA) da Facultade de Veterinaria xunto co Hospital Universitario Lucus Augusti (Hula) para investigar o cometido que desenvolven os microminerais en doentes oncolóxicos e mesmo na prevención e no tratamento de tumores.

O escolta norteamericano do Breogán Tyler Kalinoski e o responsable da área social da entidade luguesa, Salva Arco, fixeron visible o apoio do Breogán aos promotores deste programa de I+D, coa entrega dunha camiseta asinada por todos os integrantes do equipo ACB, á coordinadora do proxecto ‘Mineiras contra o cancro’, Marta López Alonso, nun acto celebrado na Facultade de Veterinaria e ao que tamén asistiron a vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel, e representantes da asociación luguesa ‘Somos Unidos polo Cancro’, que apoiou esta iniciativa desde o seu nacemento coa doazón de 1.500 euros.

Apenas un mes despois do lanzamento deste proxecto científico aberto á participación da cidadanía a través da plataforma de crowdfunding Precipita.es, da Federación Española de Ciencia e Tecnoloxía (Fecyt), ‘Minerais contra o cancro’ recibiu achegas por un importe global que supera os 18.500 euros, segundo indicou López Alonso, ao tempo que sinalou que se poden facer contribucións ata mediados de marzo.

A investigadores da Facultade de Veterinaria expresou asemade o seu agradecemento ao apoio do CB Breogán neste proxecto de ciencia solidaria, unha implicación que se intensificará en breve coa dedicatoria a esta causa duns dos próximos partidos que o equipo lugués xogue no Pazo Provincial dos Deportes.

López Alonso animou tamén a todas as persoas interesadas a colaborar con doazóns, xa a través da web Precipita.es ou xa nas huchas solidarias habilitadas en farmacias e noutros establecementos da capital luguesa. A investigadora da USC adiantou asemade que a camisola asinada polos xogadores do CB Breogán sortearase entre todas as persoas que colaboren con doazóns económicas ao proxecto ‘Minerais contra o cancro’.

0.1208770275116