O Breogán configura o novo consello de administración trala saída de Caneda
Tito Díaz, Carmen Lence, Narciso Fernández e Alfonso Orol renovaron os cargos no Consello de Adminsitración do CB Breogán, elixidos por unanimidade na Xunta Xeral celebrada este luns. Votouse tamén a incorporación dun conselleiro representativo da Fundación Breogán, que preside Salva Arco.
Ao mesmo tempo comunicouse a saída de José Antonio Caneda, anterior presidente da entidade, para quen os membros do consello tiveron palabras de agradecemento.
Os accionistas aprobaron as contas do pasado exercicio, con só unha abstención, e o orzamento da presente tempada por unanimidade, que está establecido nuns ingresos previstos de 3.940.000 euros, o 70% privados e o resto de entidades públicas.
O consello reunirase nos vindeiros días para o reparto de cargos e para establecer cal deles será o próximo presidente.
Na asemblea de onte estiveron presentes o 56,32% do capital social