O Breogán está a unha vitoria da liga Endesa
O Río Breogán está a unha vitoria de conseguir o ascenso á liga ACB despois de gañar no día de onte 81-78 ao Covirán Granada no Pazo provincial dos Deportes de Lugo.
O playoff de ascenso á liga Endesa comezou o pasado fin de semana despois de que o Breogán caera derrotado en Granada por 67-53, nun encontro no que houbo máis sombras ca luces. Sen embargo e, grazas ao resultado de onte, o equipo lucense forzou o terceiro encontro na pista do Covirán que desempatará a eliminatoria. O partido será o vindeiro domingo ás 19 horas.
Así pois, o Granada chegou a Lugo con gañas e cunha vantaxa que quería sentenciar a través do xogador máis valorado do partido, Thomas Bropleh, que conseguiu anotar 21 puntos. Sen embargo, o traballo defensivo e o xogo colectivo do equipo azulón lograron impedir que os erros xogaran unha mala pasada.
Un encontro intenso no que a diferencia de puntos non foi en ningún momento crucial, un aspecto que fixo que ambos equipos se adiantaran en distintos momentos do xogo e que conseguira que o resultado rematara de forma positiva para o equipo local.