O Breogán logra a permanencia na Liga Endesa

LugoXa
O Breogán continúa un ano máis a súa historia na liga ACB.
breogan
11 Maio 2024

O Breogán continúa un ano máis a súa historia na liga ACB. Tras un encontro no que os celestes tiveron que sufrir ata o último minuto na penúltima xornada contra o Andorra, conseguiron impoñerse no Pazo (97-92) e lograr a súa permanencia por unha tempada máis na Liga Endesa.

Tras o resultado, o vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro felicitou ao CB Breogán pola vitoria deste venres ante o Morabanc Andorra. “Toca facer balance, darlle os parabéns aos xogadores polo traballo feito, á directiva do Breogán porque foi unha tempada na que se complicaron moitas cousas e conseguiron saír adiante·

O vicepresidente, que asistiu ao encontro,  destacou o apoio da afección como unha das mellores bazas coas que contou o equipo para lograr a permanencia na ACB. “En ningún momento baixou os brazos e mesmo nos momentos máis complicados fixo ruxir o Pazo máis que nunca polo tanto pois un día para festexar e pensar en seguir”.

0.18553113937378