O Breogán presenta a nova camiseta da tempada 2025-26 homenaxeando a José Areñas

O Club Baloncesto Breogán deu a coñecer a súa nova camiseta para a tempada 2025-2026 nun acto simbólico na Praza da Mosqueira de Lugo, que reuniu a decenas de veciños e veciñas coa amenización de música e e a mascota do club, Maximus.
Durante a presentación, o speaker do club, Jacobo, foi o encargado de presentar aos xogadores e ao corpo técnico, que se achegaron á praza para saludar aos afeccionados. Segundo destacou o club, a nova camiseta rende homenaxe a José Areñas, unha figura que fixo vibrar o Pazo nos primeiros anos dos 2000.
Despois de que a tempada pasada se inspiraran nos anos 90 coa recordada promoción de David Gil, nesta ocasión o deseño transporta aos inicios do século, un período marcado pola loita, a ilusión e a identidade, con xogadores históricos como Areñas, Racca, Sanmartin, Biota, Gomis, Davis, Javi, Ricardo, Danny, Albert ou Garcés.
O club subliña que estes deportistas defenderon o celeste e escribiron páxinas destacadas da súa historia, convidando aos afeccionados a formar parte desta nova etapa da entidade.