O Breogán reivindica o labor de Alcer Lugo no seu vindeiro partido

LugoXa
O CB Breogán dedicará o partido do vindeiro sábado 9 de marzo co Unicaja Málaga a visibilizar o labor da Asociación para a loita contra as enfermidades de ril (ALCER) e reclamar un acceso equitativo aos recursos sociosanitarios para as persoas enfermas.
breogan_alcer_lugo
7 Mar 2024

O CB Breogán dedicará o partido do vindeiro sábado 9 de marzo co Unicaja Málaga a visibilizar o labor da Asociación para a loita contra as enfermidades de ril (ALCER) e reclamar un acceso equitativo aos recursos sociosanitarios para as persoas enfermas. O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro, o director xeral do CB Breogán Tito Díaz, vicepresidenta de Alcer Lugo Angélica Gómez e o traballador social da entidade Santiago Aller presentaron a iniciativa, que se desenvolverá coincidindo co Día Mundial do Ril, que se celebra cada 14 de marzo.

Dáse así continuidade a unha colaboración con Alcer Lugo, que se mantén desde 2019, e coa que aproveitan proximidade dunha data sinalada  para visibilizar a labor da entidade e contribuír, desde o altofalante que supón o deporte, a concienciar sobre a necesidade de hábitos de vida saudables e dun sistema sanitario público “que garanta a atención a todas as persoas, independentemente do lugar onde vivan”, destacaron Efrén Castro e Tito Díaz.

O CB Breogán difundirá a través das súas redes sociais o papel de Alcer Lugo e o lema que acompaña o Día Mundial do Ril no 2024 “Saúde Renal para Todos””, co que os colectivos sanitarios e de pacientes e familiares reclaman un acceso equitativo á atención sanitaria. As mensaxes reforzaranse, sobre todo de cara á pobación máis nova tamén coa presenza no encontró de Maximus e da mascota da asociación, Rili.

Fomentar o deporte e os hábitos saudables

A iniciativa desenvólvese no marco do acordo de patrocinio co que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo apoia ao CB Breogán e que inclúe, entre outras accións, a participación do club en iniciativas de sensibilización e visibilización realizadas por entidades sociais, no fomento do deporte e dos hábitos saudables con visitas a centros educativos ou na posta en valor de recursos e espazos culturais, patrimoniais e ambientais.

Este ano polo Día Mundial do Ril incídese na necesidade de garantir a igualdade e un acceso equitativo aos recursos sociosanitarios e tratamentos renais para as persoas ERC, independentemente do lugar onde residan. Desde Alcer Lugo piden que se fomente o transplante renal a través de doante falecido e doante vivo e potenciar máis as terapias de diálise domiciliaria, que proporcionan importantes beneficios clínicos á vez que melloran a autonomía e a calidade de vida dos pacientes.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19819903373718