O campionato de esports amateur Circuito Tormenta fará unha parada en Lugo
Lugo será unha das paradas do Circuito Tormenta, a principal competición de esports amateur de Riot Games en España. Despois de dous anos no que esta competición se celebrou de maneira online volven as competición presenciais con múltiples novidades.
Aínda se descoñece a data concreta da celebración da competición.
Estas citas citas presenciais, dividiranse en tres tipos que permitirán aos equipos participantes acumular puntos para a clasificación global de Circuito Tormenta.
Tamén as ligas Nexo (League of Legends) e Radiante (VALORANT), os principais torneos de Circuito Tormenta, renóvanse para vivir unha quinta tempada apaixonante. Os mellores equipos de ambas as ligas optarán por un posto nas competicións profesionais de ambos os xogos en España para a seguinte tempada.
O obxectivo de 2022 é superar os números da pasada tempada: en 2021 Circuito Tormenta contou con 127 competicións e máis de 34.000 participantes.
A presentación do evento tivo lugar o pasado 16 de febreiro, nela déronse a coñecer as principais novidades da competición. A principal novidade é que volven as paradas presenciais, isto obrigou a modificar o sistema de puntos en función da natureza das paradas. A parada 1 contará con clasificatorios online e presenciais que darán acceso a unha fase final presencial. O tier 2 serán os clasificatorios online, mentres que a fase final será presencial. O tier online contará con toda a clasificación de maneira online.
A Liga Nexo contará coa participación de xogadores e equipos emblemáticos que se remontan ao inicio da competición, como Kawaii Kiwis, Dead Rabbits o QLASH Spain entre outros. A novidade desta edición é a ampliación das prazas da liga ata un total de 10 equipos, chegandoa esta cifra por medio dunha clasificación aberta.
A competición dará comezos a mediados de marzo e extenderase ata maio. Ao finalizar os primeiros 4 equipos clasificados competirán nos playoffs, o gañador do primeiro Splir terá unha praza asegurada en Superliga Segunda e o equipo que quede en segundo lugar, competirá na fase de promoción para o ascenso.
Os mellores equipos do ránking xeral do Circuito Tormenta de League of Legens serán os elixidos para participar na seguinte tempada da Liga Nexo.
Espazos competitivos
Un dos aspectos máis interesantes son os torneos e espazos competitivos. As Hextech Series, será unha competición segmentada en divisións para que tódolos xogadores poida competir contra xente do seu nivel. Cada división contará co seu propio formato e sistema de ascenso/descenso para chegar ao máis alto e puntuar no ránking do Circuito.
Por outra banda, volve RedBull SoloQ, a competición de League of Legends que enfronta aos xogadores en formato 1vs1. Ao logo do ano desputarán diferentes clasificatorios de maneira online que culminarán na final nacional. O gañador desta final terá praza no campionato mundial contras os clasificados doutros países.
VALORANT e Liga Radiante
Durante a primeira metade do ano haberá dous Split de sete xornadas de Liga Radiante. O primeiro abarcará desde finais de febreiro ata finais de marzo. O segundo, desde finais de abril ata inicios de xuño. O gañador de cada un deles obterá un pase directo á fase de promoción á VRL Spain: Rising. Zeta Gaming, Team Galaga, Pawn Gaming, KPI, Wygers e Cream Real Betis son algúns dos equipos que participarán no primeiro Split da liga Radiante. A última praza decidirase nun clasificatorio aberto. Toda a competición poderase seguir das mans de Fleki e Roma, quen, un Split máis, volverán como comentaristas oficiais da liga Radiante.
A gran novidade deste 2022 en VALORANT son as Clutch Series. De forma similar ás Hextech Series, as Clutch Series serán un espazo de competición baseado en divisións co fin de que todos os xogadores poidan competir contra xente do seu mesmo nivel.
League of Legends: Wild Rift
En 2022, a liga Salvaxe será a máxima división das Hextech Series, mantendo o mesmo formato que tivo en 2021. A competición de League of Legends: Wild Rift estruturarase en divisións nas que se repartirá aos equipos dependendo do seu nivel competitivo. Estes equipos enfrontaranse de forma semanal desde marzo ata xuño contra rivais do seu nivel para poder adquirir unha experiencia competitiva nunha contorna segura e regulada.
ZERØ ZONE, Blows Gaming, Wygers, QLASH Spain e Principality son algúns dos equipos que formarán parte da liga Salvaxe, posicionándose como a mellor división de Hextech Series. O resto das prazas desta liga cubriranse por medio dun sistema de clasificatorios abertos.
A segunda división tamén terá un formato de liga con 8 equipos, mentres que o resto das divisións xogaranse nun formato suízo sen límite de equipos.