O Campionato de Street Workout Open Galicia celébrase en Lugo
Os estilos urbanos chegan á programación do +XTÍ, a iniciativa impulsada pola área de Xuventude do Concello de Lugo e subvencionada polo Plan Nacional sobre Drogas. As prazas e rúas da cidade acollerán, ao longo do mes de xullo, actividades como breakdance, xaula street freestyle, parkour park, canastra electrónica e o Campionato de Street Workout, Open Galicia +XTÍ.
As actividades, abertas a toda a mocidade “reflicten a noso afán por ofrecer unha alternativa de ocio á xuventude que fomente os hábitos saudables e, ao tempo, axude a previr as drogodependencias”, destaca o edil Jorge Bustos. A primeira quenda terá lugar na Praza Anxo Fernández Gómez o xoves 11 de xullo. Unha semana máis tarde, xoves 18, será a Praza do Castiñeiro a que albergue todas estas actividades. O escenario escollido para o venres 19 será a Praza de Augas Férreas, mentres que a última parada deste ‘tour’ urbano terá lugar o mércores 24 de xullo na Praza Agro do Rolo.
A participación nas actividades de todas elas será de balde e horario será de 17.00 a 21.00 horas. Un dos pratos fortes de esta programación será a celebración do Campionato de Street Workout, Open Galicia +XTÍ , que terá como escenario o Parque de Rosalía. Os mellores e as mellores contendentes desta disciplina de adestramento do corpo que se practica habitualmente usualmente practicado na rúa, sobre mobiliario ou elementos da contorna urbana, ou sobre parques ou instalacións específicas para esta práctica medirán as súas forzas o sábado 20 de xullo nunha competición que se estenderá dende as 12.00 horas ata as 21.00 horas.
A programa +XTÍ exemplifica o empeño que o Executivo de Paula Alvarellos ten coa sensibilización sobre os diferentes tipos de adiccións, a prevención de drogodependencias e a educación en valores das novas xeracións.