O Campionato Galego de Motocross volve ao circuíto municipal Jorge Prado

LugoXa
O circuíto municipal Jorge Prado volver ser sede unha proba do Campionato Galego de Motocross.
28 Mar 2024

O circuíto municipal Jorge Prado volver ser sede unha proba do Campionato Galego de Motocross. A competición terá lugar este sábado 30 e será puntuable para o Gran Premio Galego.

Os adestramentos realizaranse entre o 28 e o 29 e participarán as categorías MXFemenino B, MXFemenino A, MXMaster 50, MXMaster 40, MXMaster 35, MX50, MX65, MX85, MX S18, Elite_MX2, Elite_MX1. No mesmo espazo, tamén se desenvolverá o Campinato Galego de Motocros Clásico, no que toman parte as categorías Clásicas Pre 96 +40, Clásicas Pre 96, Clásicas Pre 84 + 50, Clásicas Pre 84, Clásicas 80

Pola súa parte, a pista lucense, onde xa chegou a caravana do cross o 24 e 25 de febreiro co Campionato de España, tamén acollerá aos mellores pilotos do mundo na sexta proba da tempada os días 11 e 12 de maio.

0.090510129928589