O Campionato Nacional de Dardos reúne máis de 1.500 participantes chegados de todo o Estado

LugoXa
A cita, organizada por Connection Darts, dinamizará a economía local e prolongarase do venres ao domingo
Campionato-dardos-Lugo-25
19 Nov 2025

O Pazo de Feiras e Congresos de Lugo converterase esta fin de semana no epicentro estatal dos dardos coa celebración do Campionato Nacional, unha competición que prevé reunir arredor de 1.500 xogadores e xogadoras procedentes de distintos puntos de España. A magnitude da convocatoria sitúa a cidade como anfitrioa dun dos eventos máis numerosos do calendario nacional desta disciplina.

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, participou na presentación do programa xunto con membros da asociación Connection Darts e representantes doutras entidades colaboradoras. Arias trasladou á organización o seu recoñecemento “por traer á capital lucense unha cita multitudinaria que dinamizará a economía e contribuirá á promoción da cidade”, destacando o impacto que terá no sector servizos durante toda a fin de semana.

As probas darán comezo o venres 21 cos torneos individuais e prolongaranse durante o sábado e o domingo co desenvolvemento das competicións por equipos e seleccións, que pecharán unha edición marcada pola alta participación e polo ambiente deportivo.

⚙ Configurar cookies
0.07204794883728