O Campo O Ladairo de Guntín acollerá unha xornada de tecnificación

LugoXa
A actividade ofrecerá unha oportunidade para mellorar as súas habilidades futbolísticas nun ambiente divertido e educativo
O-Ladairo-campo-fútbol-Guntín
1 Apr 2025

O próximo luns, 14 de abril, o campo de fútbol O Ladairo en Guntín será o escenario da Xornada de Tecnificación, dirixida a nenos e nenas de entre 5 e 15 anos ofrecerá unha oportunidade para mellorar as súas habilidades futbolísticas nun ambiente divertido e educativo.

A xornada desenvolverase de 09.30 a 14.30 horas, proporcionando un espazo para que os máis pequenos desenvolvan as súas destrezas coa axuda de adestradores especializados. Ademais das actividades formativas, todos os participantes recibirán un agasallo conmemorativo.

A organización tamén pon a disposición rutas de bus gratuítas desde Lugo e A Ulloa, facilitando o acceso aos participantes de diferentes zonas. Con prazas limitadas, é recomendable realizar a inscrición o antes posible.

Esta xornada promete ser unha experiencia enriquecedora para os mozos deportistas, combinando a aprendizaxe cos valores do deporte e fomentando a convivencia entre nenos e nenas de toda a provincia.

⚙ Configurar cookies
0.1771240234375