O Campus de Lugo abre as inscricións para as xornadas de orientación laboral

LugoXa
A Área de Orientación Laboral e Emprego da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura da USC celebra os días 8 e 9 de abril na Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo unhas xornadas de orientación profesional abertas á participación de alumnado e de persoas xa tituladas.
ADE
25 Mar 2024

A Área de Orientación Laboral e Emprego da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura da USC celebra os días 8 e 9 de abril na Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo unhas xornadas de orientación profesional abertas á participación de alumnado e de persoas xa tituladas. A inscrición nesta actividade é gratuíta e o prazo permanece xa aberto en liña a través da secretaría virtual da USC.

As sesións programadas son de carácter presencial e desenvolveranse en quenda de mañá. A técnica de orientación laboral na USC Puri Torrente abrirá o luns 8 de abril, ás 10.00 horas, no seminario 2 da Facultade de ADE, a quenda de intervencións cunha sesión sobre a elaboración e, no seu caso, a adaptación do currículo por competencias para facer máis visible a candidatura nunha oferta de emprego.

As estratexias para potenciar as competencias na busca de emprego centrará a intervención de Nelly Rey. Esta consultora de empresa pechará ás palestras do 8 de abril cunha exposición sobre as tres estratexias que reportan beneficios á hora de buscar emprego e da importancia de adestralas para concorrer con éxito aos procesos de recrutamento.

A técnica de orientación laboral da USC Charo García informará o 9 de abril, a partir das 9.30 horas, no Salón de Graos de ADE, sobre sobre os programas de prácticas e bolsas a nivel autonómico, nacional e internacional, ás que poden acceder os estudantes e titulados para a súa iniciación profesional. De seguido, Ángel Fraga Varela, project leader na área de IA en NTT Data, impartirá de xeito telemático, a través da plataforma Teams, unha sesión sobre Linkedin como ferramenta para a busca de emprego.

Na súa intervención, que comezará ás 12.30 horas, Fraga Varela explicará como elaborar ou mellorar o perfil de LinkedIn, ao tempo que falará da construción dunha rede de contactos e das utilidades que ofrece esta rede social para a busca de emprego. As persoas interesadas en tomar parte en calquera das sesións incluídas nas xornadas de orientación profesional que se celebrarán os día 8 e 9 de abril na Facultade de Administración e Dirección de Empresas da USC poden solicitar máis información a través do enderezo de correo electrónico orientacion.laboral@usc.gal ou ben no número de teléfono 881 812 850.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16586899757385