A Facultade de Profesorado de Lugo inaugura a mostra ‘Educación en feminino: un paseo pola historia’
LugoXa
A Facultade de Formación do Profesorado do Campus de Lugo da USC inaugura este xoves, a partir das 10.
22 Feb 2024
A Facultade de Formación do Profesorado do Campus de Lugo da USC inaugura este xoves, a partir das 10.20 horas, no vestíbulo do centro, a sétima edición da mostra ‘Educación en feminino: un paseo pola historia’, unha obra colectiva elaborada polo alumnado da materia Teoría e Historia da Educación Escolar, que imparte o profesor Francisco Xosé Candia Durán.
A decana da Facultade de Formación do Profesorado, Carmen Sarceda Gorgoso, tamén participará no acto simbólico de apertura dunha mostra, unha sesión que contará tamén coa participación do alumnado e doutros docentes do centro universitario lugués.