O Campus de Verán XuvenCiencia abre as inscricións para a súa nova edición
O XuvenCiencia desenvolverase do 30 de xuño ao 6 de xullo na sede universitaria luguesa. O campus estival de convivencia e divulgación científica entre a mocidade impulsado hai xa máis dunha década desde o grupo XuvenCiencia gozou desde os seus comezos do apoio da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT). Grazas a actividades como esta iniciativa, sinala a Mercedes Novo, crianzas e adolescentes irrompen nas facultades e centros universitarios de todo o mundo.
O prazo para preinscribirse e reservar unha praza na próxima edición do campamento científico XuvenCiencia, que nestes anos ten recibido xa milleiros de mozos de toda Galicia, España e Portugal, abre este venres 3 de maio, ás 15.30 horas, na web de XuvenCiencia.
O XII Campus de Verán XuvenCiencia ofrece 95 prazas para alumnado de terceiro e cuarto da ESO, BAC e ciclos medios de Formación Profesional, en réxime de pensión completa con aloxamento en residencias universitarias. O alumnado poderá iniciarse na investigación, tanto nos eidos das ciencias naturais e da saúde, como nos da enxeñaría, as ciencias sociais e as humanidades.