O Campus Terra convoca as bolsas de iniciación á investigación

LugoXa
Aberto ata o 20 de xullo o prazo para solicitar bolsas de iniciación á investigación convocadas polo Campus Terra
CAMPUS TERRA LUGO
11 Xul 2023

O Campus Terra da USC abre unha nova convocatoria de axudas con 27 bolsas de iniciación á investigación dirixida a alumnado que estea a finalizar este ano a súa formación de grao ou que no curso académico 2023-2024 formalice a súa matrícula na totalidade dos créditos dun mestrado.

O obxectivo desta nova convocatoria de axudas pasa por favorecer novas vocacións científicas entre o alumnado universitario e promover así que o estudantado se inicie en tarefas de I+D. Este programa de bolsas permitirá ás persoas beneficiarias comenzar a súa carreira investigadora en ámbitos temáticos ligados cos estudos que están a cursar, ao tempo que facilitará a súa futura orientación profesional ou científica no ao abeiro de proxectos vinculados con grupos de investigación ou investigadores do Campus Terra da USC.

A duración destas bolsas será de 4 meses, que se desenvolverán entre os meses de setembro e decembro de 2023, cunha dedicación diaria de tres horas. As persoas que opten a gozar destas axudas outorgadas polo Campus Terra da USC deben presentar na súa solicitude un proxecto de investigación asociado ou relacionado con calquera dos eixos de especialización do Campus Terra da USC.

O prazo de presentación de solicitudes permanece aberto ata o 20 de xullo e as persoas interesadas deberán dirixir as súas respectivas candidaturas a Área de Xestión da Investigación, a través da sede electrónica da USC. As persoas solicitantes recibirán logo, a través de correo electrónico, as instrucións sobre como achegar a documentación que se indica nas bases da convocatoria, que xa están dispoñibles no taboleiro electrónico da USC.

0.17938804626465