O canil das Estantigas, en Lugo, a piques de reabrir
O canil das Estantigas está case listo para reabrir, unha vez concluídas as obras de reforma e modernización, e á espera unicamente de que xermine o céspede.
O Concello de Lugo destinou máis de 48.000 euros a acondicionar estas instalacións, que suporán ademais unha mellora dos accesos ao paseo interior da Muralla.
Malia ter xa rematados todos os traballos, o recinto permanecerá pechado durante as vindeiras semanas para permitir o crecemento óptimo do céspede. O Concello agarda que esté aberto no prazo aproximado dun mes.
A remodelación do canil conlevou a eliminación dos anteriores labirintos arbustivos o que reverterá nun incremento da visibilidade no seu interior. Ademais, substituiuse o pavimento, instaláronse colectores de residuos orgánicos e plásticos e habilitouse unha área de lavado e cepillado de mascotas.
O espazo conta ademais con novo mobiliario urbano e cunha zona tipo 'parklet', que favorece o descanso e aporta maior confortabilidade, fóra do perímetro de xogo animal.