O cantaor, guitarrista e compositor granadino Kiki Morente ofrecerá un concerto en Lugo

LugoXa
A actuación, patrocinada pola Xunta, forma parte da xira de presentación do seu terceiro traballo discográfico, titulado 'Azabache'
Concerto-Kiki-Morente-Xunta
18 Mar 2025

O cantaor, guitarrista e compositor granadino Kiki Morente ofrecerá un concerto este venres, 21 de marzo, no Círculo das Artes de Lugo, a partir das 21.00 horas.

A actuación, patrocinada pola Xunta, forma parte da xira de presentación do seu terceiro traballo discográfico, titulado Azabache.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias; o presidente da entidade, Miguel Caraduje; e Eduardo Núñez-Torrón, en representación de La Liebre Dinamización Cultural, deron a coñecer hoxe esta nova colaboración, enmarcada nun convenio de difusión cultural que inclúe outros eventos musicais promovidos pola administración autonómica.

Kiki Morente, consolidado como unha das principais voces do panorama flamenco actual, chega por primeira vez á capital lucense nun evento que promete ser unha cita musical de referencia. Estará acompañado por dous guitarristas de prestixio no mundo do flamenco: Carlos de Jacoba e Joni Jiménez, reforzando así a calidade artística da proposta.

Este concerto súmase á programación cultural impulsada pola Xunta de Galicia, que recentemente tamén promoveu actuacións como as de Sophie Auster e Marina Reche, cunha excelente acollida por parte do público.

⚙ Configurar cookies
0.33477807044983