O Castelo de Doiras abre ao público nas fins de semana de xuño e anuncian visitas durante o verán

O emblemático Castelo de Doiras, situado no Concello de Cervantes, volverá abrir as súas portas ao público durante os fins de semana do mes de xuño, ofrecendo visitas os sábados e domingos en horario de tarde, de 16:00 a 20:00 horas.
A apertura responde ao interese por achegar este valioso patrimonio histórico á veciñanza e ás persoas que visitan a zona, ofrecendo a oportunidade de coñecer por dentro unha das fortalezas máis singulares da montaña lucense.
Desde o Concello avanzan que tamén durante os meses de xullo e agosto o castelo poderá ser visitado, en diferentes días que se irán anunciando tanto a través da páxina web como das redes sociais oficiais.
Esta iniciativa busca impulsar o turismo cultural e poñer en valor un dos bens patrimoniais máis representativos da comarca dos Ancares, promovendo visitas que permitan descubrir a historia, a arquitectura e o entorno natural que rodea ao Castelo de Doiras.