O Castiñeiro contará cunha nova pista deportiva a través da inversión de 48.380 euros
Os veciños do Castiñeiro mantiveron unha xuntanza coa alcaldesa de Lugo, onde se lles anunciou o inicio na vindeira semana das obras de execución dunha nova pista deportiva, que se localizará nunha parcela de titularidade municipal de case 800 metros cadrados, sita entre Juana la Loca e Ramón Piñeiro. “Con esta actuación lle damos resposta a unha demanda que nos fixeron os mesmos nenos e nenas que viven e xogan no barrio durante as visitas que realizamos a esta zona”, comentou.
As instalacións, ao aire libre e de uso público e gratuíto, disporán de céspede artificial e contarán cun peche perimetral. “O obxectivo con esta actuación é avanzar nos plans de mellora da calidade de vida dos máis novos a través de impulsar un lecer máis vinculado coa actividade deportiva e hábitos saudables”, sostivo a rexedora, quen lembrou que o Goberno está a realizar “unha aposta importante para mellorar os equipamentos deportivos do municipio e para crear novas dependencias”.
Se investirá nesta actuación 48.380 euros e que o prazo de execución será de dous meses e medio.
Ademais desta execución, a rexedora informou de que a área de Medio Ambiente está xa a traballar no proxecto de renovación na súa integridade dos parques infantís da contorna da praza de O Castiñeiro, “zonas de xogos que están moi deterioradas e que necesitan dunha mellora e dunha ampliación porque son moitos os pequenos que fan uso delas a diario”, sostivo.