O Castro B logra o ascenso a Segunda

TerraChaXa | LugoXa
O equipo filial do CD Castro, o Castro B, militante na Terceira, logrou onte o ascenso a Segunda unha xornada antes do fin da segunda volta.
castro b ascenso
25 Apr 2022

O equipo filial do CD Castro, o Castro B, militante na Terceira Galicia, logrou onte o ascenso a Segunda unha xornada antes do fin da segunda volta da competición.

O conxunto chairego vencen na casa ao Cazás por 2-0 e sumou matematicamente a vantaxe necesaria para rematar a xornada como un equipo de Segunda.

O Castro B disputou a segunda fase da liga nun grupo de catro equipos, firmando, a falta dun encontro, 4 vitorias e 1 empate polo que segue invicto.

O equipo disputou a primeira fase nun grupo de oito quedando campión de grupo con tres puntos de vantaxe sobre o segunte. Rematou con 11 vitorias, un empate e 2 derrotas e un total de 34 puntos. O equipo levouse desta primeira quenda 3 puntos de premio que axudaron a manterse no máis alto dende a primeira xornada da segunda fase.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17852401733398