O Castroverde Fútbol Sala celebra o seu 20 aniversario cunha xornada festiva no pavillón da Ferrería

LugoXa
O club presentará este sábado os seus equipos nun acto con música, fotografías e protagonismo para o futsal
Castroverde-Fútbol-Sala
17 Dec 2025

O Castroverde Fútbol Sala conmemorará este sábado, 20 de decembro, os seus 20 anos de traxectoria cunha festa aberta á veciñanza que servirá tamén para a presentación oficial dos equipos do club. O acto terá lugar no pavillón da Ferrería a partir das 16:30 horas.

A xornada foi concibida como unha celebración do futsal e do percorrido dun club que se converteu nun referente deportivo no municipio ao longo das dúas últimas décadas. Durante a tarde haberá música, sesións fotográficas e diferentes momentos pensados para gozar dunha xornada festiva arredor do fútbol sala.

Desde o Castroverde FS animan á afección e á veciñanza a participar nun evento que pretende recoñecer o esforzo de xogadores, corpo técnico, directiva e persoas colaboradoras que fixeron posible que o club cumpra vinte anos de historia.

⚙ Configurar cookies
0.080698013305664