O Caudal Fest confirma tres novos artistas

LugoXa
O Caudal Fest 2023, que se celebrará os días 15 e 16 de setembro conta con tres novas incorporacións no cartel Dani Fernández, Miss Caffeina  e Yeico x Toni, anuncios que chegan despois da confirmación por parte da organización de grandes nomes como Leiva, Vetusta Morla, Ojete Calor, Sidonie e La La Love You.
21 Dec 2022

O Caudal, que está considerado xa a última festa do verán en Galicia, foi unha aposta da rexedora para situar a Lugo no mapa dos festivais nacionais e internacionais, o que se acadou xa na primeira edición no ano 2018. “É unha das citas ineludibles para todos os amantes da música en directo e un dos festivais máis importantes de todo o terzo norte peninsular”, sostén.

As entradas poden adquirirse en www.caudalfest.es. A organización confirma que o ritmo de vendas está sendo elevado e apunta que a do 2023 será a maior edición do Caudal ata a data.

Dani Fernández foi recentemente galardoado como "Mellor Artista Masculino" en ‘Los40 Awards’. Este castelán manchego, antigo integrante de Auryn e un das grandes estrelas do pop da actualidade, é uns dous fenómenos máis exitosos da música en español a nivel mundial. Parará en Lugo na súa xira internacional deste verano.

Miss Caffeina . Este grupo madrileño é unha das primeiras sementes do indie rock pop nacional desde a súa formación en 2006. Presentará o seu último disco “El Año del Tigre” no Caudal Fest.

Yeico x Toni é un dos fenómenos musicais do ano entre as xeracións máis novas e ofrecerán en Lugo un dos primeiros concertos destes artistas en Galicia.

0.079701900482178