O CB Breogán colabora na visibilización da labor de Down Lugo no seu partido contra o Andorra

LugoXa
El partido del próximo sábado entre el CB Breogán y el Andorra visibilizará la labora de la Asociación Down Lugo.
Efrén Castro xunto a Tito Díaz e María José Blanco
10 Dec 2021

O encontro do vindeiro sábado entre o Andorra e o CB Breogán estará enfocado en visibilizar a labor da asociación Down Lugo. A iniciativa presentouse no Pazo de San Marcos nun acto no que participaron o deputado de Deportes, Efrén Castro, a presidenta de Down Lugo, María José Blanco, e o director deportivo do CB Breogán, Tito Díaz.

Coincindo co encontro, persoas sociais da entidade lucense darán a coñecer a súa labor, centrada en actividades dirixidas a mellorar a calidade de vida das persoas coa Síndrome de Down e das súas familias a través da inclusión plena e efectiva na sociedade, ademais de vender participacións de lotería de Nadal.

Desde o CB Breogán, reforzarase a visibilización da asociación a través de distintos contidos nas redes sociais e, nos vindeiros días, concretarase unha visita de xogadores do club ás actividades que realizan.

María José Blanco agradeceu a colaboración do CB Breogán e da Vicepresidencia da Deputación de Lugo nesta iniciativa. Pola súa banda, Efrén Castro e Tito Díaz coincidiron en sinalar a satisfacción de colaborar con este tipo de accións sociais.

A iniciativa desenvólvese no marco do acordo de patrocinio co que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo apoia ao CB Breogán e que inclúe, entre outras accións, a participación do club en iniciativas de sensibilización e visibilización realizadas por entidades sociais, no fomento do deporte e dos hábitos saudables con visitas a centros educativos ou na posta en valor de recursos e espazos culturais, patrimoniais e ambientais.

0.1892421245575