O CB Breogán organizou xogos na rúa para presentar á afección o corpo técnico e a nova camiseta

LugoXa
O acto contou con actividades diferentes e xogos os que participaron nenos e adultos
cb-bregoan-xogos-rua
13 sep 2024

A veciñanza e algunhas autoridades acompañaron en Lugo ao CB Breogán no acto organizado para presentar aos seguidores o equipo e o corpo técnico do club, así como a nova camiseta que lucirán os xogadores nos partidos da Liga Endesa.

O acto contou con actividades diferentes e xogos os que participaron nenos e adultos, unha xornada despois de que Tito Díaz fixera un balance da primeira parte da pretempada. Falou do estado físico do equipo. As molestias de Aranitovic (contusión en pé dereito), Somogyi (escordadura pé dereito) e Quintela (molestias en zona de cadeira) levaron ao club a reaccionar rápido para completar os adestramentos das próximas semanas cos xogadores Petar Aranitovic, escolta de 1,94 con experiencia en Liga Endesa e LEB, irmán do xogador celeste Alexamdar Aranitovic; e Petar Popovic, base montenegrino de 1,95 que procede do Budocnost.

Os dos xogadores adestrarán co equipo e poderían participar nos encontros de pretemporada coa intención de manter o nivel das sesións de preparación mentres se recuperan os tocados.

0.089514017105103