O CB Breogán únese á loita contra o cancro no seu próximo partido

LugoXa
A iniciativa terá lugar no partido deste sábado, no que o CB Breogán se enfrontará ao Unicaja ás 18.00 horas
CB-Breogán-AECC
7 Feb 2025

O Club Baloncesto Breogán súmase ás accións desenvolvidas esta semana pola Asociación Española contra o Cancro (AECC) para concienciar sobre a necesidade de incrementar os recursos destinados á prevención, investigación e tratamento desta enfermidade.

A iniciativa terá lugar no partido deste sábado, no que o CB Breogán se enfrontará ao Unicaja ás 18.00 horas.

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, e o presidente da AECC en Lugo, José Manuel Rozas, visitaron este mediodía ao equipo, que visibilizará na cancha o lema "Contra o cancro somos só un".

Esta acción enmárcase dentro do acordo de patrocinio entre a Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o CB Breogán, que inclúe, entre outras iniciativas, a participación do club en campañas de sensibilización e visibilización promovidas por entidades sociais.

Así mesmo, o convenio fomenta o deporte e os hábitos saudables mediante visitas a centros educativos, así como a posta en valor de recursos e espazos culturais, patrimoniais e ambientais.

Con este xesto, o CB Breogán reafirma o seu compromiso coa sociedade e o seu apoio á loita contra o cancro, sumándose a unha causa que busca mellorar a calidade de vida de quen enfronte esta enfermidade.

0.1814169883728