O CB Breogán xogará un partido de presentación o 10 de setembro

LugoXa
O CB Breogán ven de anunciar que o próximo 10 de setembro ás 18.
Pazo Cb Breogan
9 Ago 2023

O CB Breogán ven de anunciar que o próximo 10 de setembro ás 18.00 xogará un partido de presentación ante o Valencia Basket. Este partido servirá como toma de contacto do equipo que comezará a competición oficial o 24 de setembro ante o Baskonia, equipo xa pechado para a próxima tempada, na que se produce unha renovación importante de xogadores.

De feito, dúas renovacións foron as primeiras en coñecerse, a do aleiro serbio Stefan Momirov, que rematou a tempada sumando 5,9 p. e 2,5 rebotes en 31 partidos.

Tamén renova Toni Nakic. O internacional croata foi un dos xogadores máis sólidos na súa primeira tempada en Liga Endesa, promediando co Río Breogán 8,6 puntos, 3,1 rebotes e 1,3 asistencias en 28 partidos cunhas porcentaxes de 46% en tiros de 2 e 40% en triplas).

A terceira confirmación foi a do celeste Sergi García, o base natural de Palma de Mallorca. Disputou 33 partidos na súa primeira campaña en Lugo, aportando 6,6 puntos, 2,7 rebotes e 2 asistencias de media.

Son moitas máis as fichaxes, comezaron co aleiro lituano Matas Jogela, de 24 anos e 2,01m procedente do Neptunas Klaipeda, este xogador vén de recibir o galardón que o recoñece como o xogador con mellor progresión da liga lituana.

Tamén se uniu ao Río Breogán o croata Matej Rudan, que chegou ao Bayern de Munich alemán en 2018 onde deu o salto ao primeiro equipo na tempada 20/21. Ten 22 anos e 2,08 de altura chegando do Mega Masket serbio. Rudan é internacional con Croacia en todas as categorías.

Outras dúas fichaxes que entraron de forma continuada foi Anthony Polite, o exterior de 1,98 e 25 anos procedente do Hamburgo alemán, e o base esloveno Zan Mark Sisko. Este último ten 25 anos e 1,91 m e procede do Bayern Munich.

O Río Breogán chegou a un acordo para que o pivote de orixe senegalesa e pasaporte italiano, Mouhamet Diouf, vista a camiseta celeste a próxima tempada. O pivote de 21 anos e 2,06m, internacional con Italia, procede do Reggio Emilia co que participou en BCL. Diouf é un xogador novo e de gran proxección, con capacidade atlética, bos movementos e que pode axudar tanto no rebote como na anotación

Tamén se lle deu a benvida a Juan Fernández, pívot argentino con 2.10 m de altura e 29 anos e xogou o curso pasado en Fuenlabrada. No capítulo de xogadores internacionais, o Breogán recibiu ao pívot lituano Matynas Sajus, un xogador de 2,08 m e 27 anos con experiencia en Europa e en Liga Endesa. Formado no Zalgiris Kaunas, xogou tamén en Polonia, en Liga Endesa na campaña 2020/21 con Manresa, na primeira liga alemá e en Turquía.

A última incorporación é a de Albert Ventura, aleiro de 1,92 e 31 anos que procede do Joventut de Badalona. Con respecto ao equipo técnico, tamén chega Óscar Viana, que dirixirá a preparación física. Nacido en Ourense en 1977, creceu entre Monforte de Lemos e Lugo onde viviu ata  desembarcar na Coruña onde se licenciou en Ciencias da Actividade Física e o Deporte na UDC.

Na súa traxectoria profesional foi preparador de equipos de alto nivel como o Hóckey Club Liceo (desde 2003 a 2010) e o Obradoiro CAB (de 2010 a 2016). Ademais é preparador físico da Selección española U20 desde 2015 coa que logrou éxitos como o campionato de Europa de 2022 celebrado en Montenegro ou o Europeo de Helsinqui en 2016.

Óscar Viana súmase así ao corpo técnico dirixido por Veljko Mrsic nunha parcela crave para que o equipo compita ao máximo nivel na próxima tempada.

0.2186119556427