O CD Biosbardo, representado no torneo estatal de Seleccións

LugoXa
Ivan Sangiao, membro do CD Biosbardo, foi chamado pola Federación Galega de Atletismo para participar no Campionato de España por Seleccións.
ivan sangiao
7 Maio 2022

A Federación Galega de Atletismo vén de convocar ao deportista Iván Sangiao, membro do Club Deportista Biosbardo, para o Campionato de España por Seleccións. O atleta vén de conseguir grandes resultados, neste último ano, entre outros no recente campionato galego de trail.

A Selección Galega partirá á Berga (Cataluña) esta fin de semana para competir nun trazado duns 27 quilómetros moi existente, posto que nos primeiros 11 quilómetros os deportistas ascenderán 1600 metros, superando así a cota do 2050 msnm. A proba Berga-Rasos-Berga será a que decida a selección campioa de España 2022.

Non será a única cita importante da fin de semana posto que o CD Biosbardo estará en probas importantes como Ultra Trail de Cerveira (Portugal), no Quiroga Trail Challenge, ou na baixada de San Pedro de Visma, entre outras

0.1761429309845