O CD Biosbardo suma un ouro e un bronce no Trail Terras de Burón da Fonsagrada

LugoXa
Esta fin de semana deron comezo as competicións oficiais de trail running coa disputa do Trail Terras de Burón na Fonsagrada.
federico_losada_biosbardo
1 Feb 2024

Esta fin de semana deron comezo as competicións oficiais de trail running coa disputa do Trail Terras de Burón na Fonsagrada. Este evento congregaba ós mellores especialistas de Galicia ao outorgar a máxima puntuación de cara á clasificación galega, disputándose nunhas paraxes idílicas e unha meteoroloxía excepcional para esta época do ano.

O C.D. Biosbardo, que esta tempada aliña competidores das 4 provincias galegas, disputou as dúas distancias na clasificación oficial absoluta: a maratón de 45 km e o trail de 30km. Federico Losada Conde fíxose co bronce absoluto. O deportista ourensán asina un debut soñado coa elástica biosbarda. A intensidade da competición foi tanta que os tres primeiros entraron con menos de 40 segundos de marxe e Federico liderou o penúltimo ataque, intentando descolgarse e loitar pola vitoria, que finalmente caeu nas mans de Anxo Cid e a prata de Martín Fontán.

Fico e Montilla, no podio

Con este resultado, Fico ascende postos e posiciónase no 5ª posto absoluto, polo que está en postos de selección agora mesmo. Por outra banda, Emilio Montilla rematou a competición coroándose como campión máster. Manténdose á zaga, entrando a moi pouca distancia de Losada en meta, o cruceño fíxose co 5º posto absoluto da clasificación xeral e coroándose como campión na categoría de veteráns. Con este resultado entra dentro dos dez mellores no campionato galego de trail running.

Tamara García foi quen de facerse co 4º posto. A carreira dominada pola inglesa Georgia Tidley disputouse igual que a dos varóns, cunha loita final ata a liña de meta, neste caso con 4 mulleres. Se ben a atleta de Dozón foi cuarta, o nivel amosado por Tamara foi de estar loitando de ti a ti coas mellores corredoras de Galicia, ascendendo ó sétimo posto da clasificación, ás portas da selección galega.

Non todo foron ledicias, xa que os tamén debutantes Borja Varela (natural da Fonsagrada) e Fanny Abelenda (Laracha) non puideron rematar a proba, dada a proximidade do campeonato galego optaron polo abandono procurando chegar ben á competición do 18 de febreiro, en Muros. Ademais, esta fin de semana tamén se estreou a distancia no coñecido como Trail do Inverno. Deste xeito, o rabadense Iván Sangiao entraba no top 10 absoluto, acompañado de preto polo competidor natural de Pedrafita, Jonathan Pérez, que se situou décimo terceiro posto. A seguinte parada será o campionato de Galicia de Trail Running que se disputará en Muros, o 18 de febreiro, onde os deportistas do C. D. Biosbardo competirán  individualmente para decidir os postos finais da Selección Galega.

0.20352411270142