O CD Castro organiza un campionato de tute en febreiro

TerraChaXa | LugoXa
O CD Castro organiza un torneo de tute para o sábado 4 de febreiro para o que hai un máximo permitido de 64 parellas.
baralla cartas espanola tute torneo campionato
3 Xan 2024

O CD Castro organiza de novo o torneo de tute, que será o sábado 3 de febreiro para o que hai un máximo permitido de 64 parellas.

A inscrición para o mesmo está aberta  a un prezo de 100 puntos por parella. De completarse o número total de inscritos, haberá catro premios para os gañadores da fase principal que recibirán 1.300, 400, 250 e 150 puntos cada un. Na primeira repesca os vencedores conseguirán 300, 150, 120 ou 80 puntos e os da segunda, 200, 100 e un lote de queixo. Os dous primeiros de cada grupo tamén terán trofeo.

A sesión incluirá cea con callos, churrasco, sobremesa e café.

O torneo será na caseta do polbo de Castro Ribeiras de Lea. As inscricións poden realizarse nos teléfonos 627 903 692 e 620 543 355.

0.20399188995361