O CD Castro organiza un novo campionato de tute con premios e moita diversión asegurada

LugoXa | TerraChaXa
O torneo, que terá lugar a partir das 17.30 horas na caseta do polbo de Castro Ribeiras de Lea, está limitado a un máximo de 24 parellas
campionato-tute-cd-castro
2 Mar 2026

O sábado 28 de marzo celebrarase en Castro de Rei unha nova edición do Campionato de Tute CD Castro, unha cita moi agardada polos afeccionados ás cartas e que promete unha tarde de competición e bo ambiente.

O torneo, que terá lugar a partir das 17.30 horas na caseta do polbo de Castro Ribeiras de Lea, está limitado a un máximo de 24 parellas. A inscrición custa 100 puntos por parella, e os interesados poden anotarse nos teléfonos 627 90 36 92 ou 620 54 33 55 antes do 25 de marzo. O sorteo de participantes será ás 16.30 horas.

A competición estará dividida en dúas fases: unha fase de gañadores e outra de repesca, ambas con atractivos premios. Na fase principal, os catro primeiros clasificados recibirán 600, 300, 150 e un lote de produtos, respectivamente. Na fase de repesca, os premios serán de 300 e 150 puntos para os dous primeiros, mentres que o terceiro e o cuarto levarán lotes de produtos.

E como non podía faltar, durante o torneo haberá “pinchos a esgalla”, con lacón asado, xamón cocido, luras, empanada, pementos de padrón, tortilla, etc.

Dende a organización lembran que os premios poderán adaptarse no caso de que non se completen todas as parellas previstas.

0.12439298629761