O CD Ceosport Lucense arrinca como novo club de fútbol campo en Lugo

LugoXa
Chega a Lugo un novo club de fútbol campo, o CD Ceosport Lucense, que nace a través da unión entre o CP Lucense e o Ribeira FS.
club ribeira futbol campo
20 Xul 2021

Chega a Lugo un novo club de fútbol campo, o CD Ceosport Lucense, que nace a través da unión entre o CP Lucense e o Ribeira FS. O primeiro conxunto é un proxecto que naceu de balonmán e que, fai catro anos, incorporaba as súas filas o fútbol e o atletismo. En canto ao Ribeira FS é un club que destaca pola súa sección de fútbol sala, tendo ao seu primeiro equipo en 2ª división B. O equipo ribeirense formou, por primeira vez, unha sección de fútbol campo o ano pasado, na que quere crecer a partir de ahora nun proxecto conxunto co CP Lucense.

O club disporá, neste primeiro ano, de categoría infantil, alevín, benxamín e prebenxamín, coa idea de ir avanzando en diferentes categorías e conseguir captar suficientes xogadores e xogadoras para máis categorías. Sen embargo, queren ir paso a paso, dándose a coñecer e ir crecendo paseniñamente na base do fútbol campo lucense.

Os obxectivos do proxecto non son outros máis que os pequenos aprendan, se divirtan e se formen; de forma amena e constructiva, para ir construindo pouco a pouco unha estructura de fútbol campo. Polo lado do Ribeira, a idea é seguir centrados no fútbol sala, crecendo de maneira paulatina co fútbol campo e que os nenos e nenas se formen a través dos valores dos clubes nos que prima a deportividade, a competitividade e o respecto.

Desta forma, o club xa abriu o prazo de novas inscricións para a tempada 2021/2022. Aqueles e aquelas interesados poderán contactar co club a través do número de teléfono 687 907 436.

0.19197297096252