O CD Dez Portas Caixa Rural Galega xogará o playoff de ascenso a Primeira Nacional

O CD Dez Portas Caixa Rural Galega rematou a fase regular da liga de Segunda Nacional cun excelente segundo posto, o que lle permite disputar o playoff de ascenso a Primeira Nacional, a terceira categoría do tenis de mesa español.
A expedición que representará ao club na fase de ascenso estará formada polos xogadores Rafa Silva, Ramón Becerra, Alejandro Ansede e Manuel Penalonga, baixo a dirección técnica do adestrador Cláudio Mendes. O obxectivo será acadar o que sería o cuarto ascenso na historia do club á categoría de bronce do tenis de mesa nacional. A competición celebrarase entre os días 23 e 25 de maio na localidade barcelonesa de Calella.
Por outra banda, o CD Dez Portas Concello de Pol, que compite na Primeira Nacional Feminina, pechou a súa primeira tempada nesta esixente categoría cun meritorio sétimo posto, consolidando así a súa presenza no panorama nacional e confirmando o bo traballo do club tanto na sección masculina como feminina.