O CD Dez Portas Concello de Pol xa compite na Primeira División Nacional Feminina co seu equipo feminino

O CD Dez Portas segue dando pasos firmes cara ao seu obxectivo de se converter no equipo de referencia da provincia e posicionarse entre os grandes de Galicia.
Nesta tempada, o club deu un paso importante ao competir na Primeira División Nacional Feminina co seu equipo, o CD Dez Portas Concello de Pol, un proxecto que foi posible grazas ao apoio do propio Concello de Pol, onde o equipo ten a súa sede e xoga os seus partidos como local.
O cadro de xogadoras do equipo está formado por Sabela López, Ella Shavit, Alicia Concheiro, Carla Fernández, Lucero Robles, María Saavedra e Noelia Teijeiro, un grupo de xogadoras que demostraron o seu talento e esforzo en cada partido.
A estas alturas da tempada, o equipo ocupa o sexto posto na clasificación, situándose a metade da táboa, polo que o CD Dez Portas está demostrando o seu crecemento e ambición, loitando por un posto nos primeiros postos que lles permita acceder á loita polo ascenso, un logro que sería todo un éxito no seu primeiro ano de competición nesta categoría.
O club, xunto co Concello de Pol, tamén está apostando polo Tenis de Mesa. Unha vez que as instalacións estean dispoñibles, ofreceranse xornadas de portas abertas dirixidas por membros do club, facilitando o acceso a todos e todas os veciños e veciñas que desexen practicar este deporte.
Ademais, trabállase para levar a Mosteiro un torneo federado e afeccionado de Tenis de Mesa, o que podería ser unha gran oportunidade para fomentar a práctica deste deporte na comarca.