O CD Dez Portas TM logra o podio no Campionato Galego Infantil e destaca en Sub23

LugoXa
O club participou en dous escalóns da competición, acadando o terceiro posto na categoría infantil e un quinto posto en Sub23
Dez-Portas-Lugo-TM-Campionato-Galego-Infantil
Actualizada el 18 marzo 2026, 09:06 horas
16 Mar 2026

O CD Dez Portas TM participou no Campionato Galego por Equipos de Tenis de Mesa, representado en dúas categorías.

No XXXVIII Campionato Galego Infantil por Equipos, os xogadores Nicolás Otero, Jesús Cao e David Rodríguez lograron o terceiro posto, tras varios encontros moi disputados. A súa actuación destacou pola entrega e a actitude ao longo de toda a proba.

No XXXIII Campionato Galego Sub23 por Equipos, o equipo formado por Manuel Penalonga e Román Iglesias rematou en quinta posición, ofrecendo tamén unha boa participación e acumulando valiosa experiencia en competicións deste nivel.

0.14603400230408