O CD Dez Portas TM Lugo protagonizou un intenso fin de semana nas distintas competicións

LugoXa
O club lucense sumou unha vitoria destacada en Primeira Nacional e mostrou bo xogo en todas as categorías
resultados-Dez-Portas-Lugo-novembro
25 Nov 2025

Os equipos do CD Dez Portas TM Lugo viviron unha xornada cargada de acción con actuacións notables e varios encontros de alto nivel nas distintas competicións nacionais e autonómicas.

Na 1ª División Nacional, o CD Dezportas Restaurante Carlos superou con claridade ao Café Quijano Gijón TM por 5–1, asinado unha das mellores actuacións da tempada e mantendo o ritmo na loita polas posicións altas da Liga de Bronze.

Na 2ª División Nacional, o CD Dezportas Contafis Todoxestión caeu por 2–4 ante Conxo TM Zoolandia nun encontro traballado e igualado, mostrando carácter e mantendo a progresión das últimas semanas.

En 3ª División Nacional, o CD Dezportas Caixa Rural Galega perdeu por 1–4 ante Carrasco-García Clínica Dental, nun partido complicado fronte a un rival sólido, pero mantendo intensidade e compromiso.

Na 1ª División Galega, o CD Dezportas Goce Viajes logrou un contundente 4–1 ante Central Asesora Firacris Narón, confirmando o bo momento do equipo e a súa presenza na parte alta da clasificación. Mentres, o segundo equipo da categoría, CD Dezportas Galiciadigital, perdeu por 1–4 ante San Xoán TM, deixando boas sensacións individuais e momentos de alto nivel técnico.

⚙ Configurar cookies
0.05097484588623