O CD Lugo arrinca a pretempada hoxe co primeiro adestramento oficial
O Club Deportivo Lugo arrincou a súa pretempada 23/24 o venres cos recoñecementos médicos e diferentes probas físicas aos seus xogadores. Hoxe terá lugar o primeiro adestramento oficial do equipo baixo as ordes do novo adestrador, Pedro Munitis.
Agora mesmo, o primeiro equipo conta con 15 activos, entre fichaxes e renovacións. A eles súmanse outros dez procedentes do equipo filial.
O calendario de pretempada do equipo xa está listo e arrancará o próximo 28 de xullo co primeiro dos amistosos previstos, o que disputarán co CF Porto B en Melgaço.
A primeira semana de agosto farán dobrete en terras luguesas, o 2 enfrontaranse ao Castilla en Viveiro e o 5 ante o Compostela en Foz.
O calendario levaralos tamén a xogar o 11 de agosto co Arenteiro en Carballiño e co Celta Fortuna en Viveiro o 15. A última cita será o Real Avilés o 19 de agosto antes de que de comezo a liga a fin de semana do 26 e 27 de agosto.
OS XOGADORES
O Lugo ha formalizado varias fichaxes durante este último mes culminando co de Javier Vázquez, que se consolidou o ano pasado como un dos laterais novos de maior proxección na Segunda División como parte da canteira do Sevilla.
Entre as novas incorporacións do CD Lugo figura o dianteiro Thiago Ojeda, cedido polo Villarreal; ou Sabit Abdulai, natural de Ghana, que desenvolve as posicións de pivote e mediocentro tralo seu paso por Extremadura, Getafe e Ponferradina.
Tamén se incorporou o defensa central Gorka Pérez (Bilbao Athletic) ou Carlos Julio (da República Dominicana), que se desenvolve como lateral dereito.
Do Porto chegou este ano Gonçalo Tabuaço, que defenderá a rede albivermella e as primeiras incorporacións da tempada corresponderon a Lucas Días, tamén como porteiro; Bernardo Cruz, como defensa central, e Willy Ledesma, como dianteiro centro.
Pola contra, foi traspasado desde ao SD Huesca Miguel Loureiro e deixou o equipo Marc Carbó.
PRIMEIRO EQUIPO
- Javier Vázquez
- Lucas Díaz
- Carlos Julio
- Willy Ledesma
- Bernardo Cruz
- Gorka Pérez
- Julen Fernández
- Andrés López Gallo
- Jaume Cuéllar
- Idrissa Thiam
- Carlos Torrado
- Leandro Antonetti
- Sabit Abdulai
- Gonçalo Tabuaço
- Thiago Ojeda
EQUIPO FILIAL
- Alejandro Lizancos
- Eduardo Taboada
- Hugo García
- Alberto Freire
- David Rosón
- Pablo Fernández
- Mario Álvarez
- Hugo Díaz
- Damián Noya
- Jorge González
EQUIPO TÉCNICO
- Pedro Munitis (Primer entrenador)
- Manuel Sánchez (Segundo entrenador)
- Joss Juncker (Analista-Técnico Asistente)
- Antón Eire (Preparador Físico)
- Iago Martínez (Preparador Físico)
- Rubén Arce (Entrenador porteros)
- Marcos Torres (Readaptador)
- Irene Mallo (Fisioterapeuta)
- Ricardo José Pérez (Fisioterapeuta)
- Roberto Díaz Luaces (Médico)
- Manuel Couso (Utillero)
- José Luis Corral (Delegado)