O CD Lugo B estrea corpo técnico tras a incorporación de Trashorras ao primeiro equipo

LugoXa
O CD Lugo B estrea novo corpo técnico tras a incorporación de Roberto Trashorras ao primeiro equipo.
partido atletico madrid anxo carro cd lugo6
26 Feb 2024

O CD Lugo B estrea novo corpo técnico tras a incorporación de Roberto Trashorras ao primeiro equipo. Deste xeito, Daniel Galán asume a dirección do club xunto con Jonatan Iglesias, que exercerá como segundo técnico do filial albivermello. Galán era o adestrador do xuvenil A, equipo que se encontra actualmente na División de honra xuvenil, e tamén adestraba o SDC Residencia.

Pola súa parte, Iglesias era o adestrador do equipo infantil na división de honra, traballo que seguirá compaxinando co seu estreado labor como segundo técnico. Ademais destes cambios, o debut de Trashorras como novo técnico albivermello tamén tamén provoca novos cambios no club. Diego Seoane pasa a levar o Cadete A e David Fernández pasa do Cadete a ao Xuvenil B, mentres que Hugo Vázquez Corgo estrearase como adestrador do xuvenil.

0.19200491905212